Publicador de contidos
Publicador de contidos

O Ourense C. F. supera o Raio Cantabria e afianza o seu liderado (3-0)

O Ourense C. F. supera o Raio Cantabria e afianza o seu liderado (3-0)

Os locais tiveron problemas para abrir a lata, malia atoparse coa madeira nos primeiros minutos de xogo

O filial racinguista rematou o partido con dous xogadores expulsados

G24.gal 13/01/2024 16:50

O Ourense C. F. superou con tranquilidade, aínda que non facilmente, o Raio Cantabria, por tres a cero.

A tónica da primeira metade consistiu nun gran dominio da posesión por parte do Ourense, que a piques estivo de atoparse co gol nos primeiros minutos de xogo. Unha boa carreira pola dereita rematou co esférico petando na madeira e co rexeite inalcanzable para calquera xogador de azul. Foi a única grande ocasión do partido e, o máis destacado, ata que no minuto 34 o filial racinguista quedou cun xogador menos logo da expulsión de Javier Entrecanales. O defensa impactou co brazo na faciana de Gabri Calmás. De aí ata o final da primeira, moito toque pero case ningunha ocasión.

A segunda metade comezou espesa, cun Ourense incapaz de traducir a superioridade numérica en ocasións de gol. Foi incluso o conxunto visitante quen gozou de algunha que outra chegada con perigo. Aínda así, o partido comezou a decantarse co cartón vermello que veu Gomeza no minuto 66, e que deixou vía libre ao triunfo local. No 78 chegou o primeiro, cunha gran tesoira de Daniel Portela. Catro minutos despois, o Ourense pechou o partido cunha boa xogada rematada a gol por Amín. Xa no 94, Amín fixo o terceiro coa testa.

O Ourense é maís líder, sumando 38 puntos, á espera do que faga no seu compromiso o Pontevedra.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar
Publicador de contidos