Publicador de contidos
Publicador de contidos

O Ourense C. F. saca un traballado empate de Guijuelo cun home menos (1-1)

O Ourense C. F. saca un traballado empate de Guijuelo cun home menos (1-1)

Jerín adiantou os das Burgas, pero a expulsión de Facu cambiou o partido

Asiel Mateo igualou na segunda metade á saída dun córner

O Ourense C. F. colócase de líder a falta de que xogue o Pontevedra

G24.gal 06/04/2024 19:19

O Ourense C. F. sacou un empate do Luis Ramos de Guijuelo, que lle permite durmir como líder a falta de que xogue o Pontevedra. Foi nun partido que dominou na primeira metade, e no que se adiantou cun gol de Jerín. As ocasións máis claras deste primeiro tempo foron dos ourensáns, pero a expulsión de Facu, aínda na primeira metade, condicionou o resto do choque.

O Guijuelo buscou o gol con insistencia na segunda metade, e atopou o premio. Foi á saída dun córner que rematou á rede Asiel Mateo. No resto do partido, os locais seguiron creando ocasións, pero o empate a uns xa non se moveu.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar
Publicador de contidos