Publicador de contidos

Publicador de contidos

O Ourense CF gaña a Copa Federación diante do Orihuela no Couto (3-0)

O Ourense CF gaña a Copa Federación diante do Orihuela no Couto (3-0)

Amín, heroe dos locais cun hat trick

Ademais do título, o cadro de Dani Llácer faise cun premio de 90.000 euros

G24.gal 08/11/2025 20:54

O Ourense Club de Fútbol proclamouse campión da Copa Federación tras gañarlle ao Orihuela no Couto na gran final por tres a cero.

Amín foi o autor dos tres goles do equipo ourensán. O primeiro no minuto trece, logo dunha mala saída do gardameta visitante. Os outros dous chegarían nunha recta final na que os galegos acabaron coa resistencia do seu rival. O dous a cero foi todo un golazo. Gran disparo desde lonxe dun Amín que completaría o seu hattrick logo dun rexeitamenrto no lanzamento dun penalti.

O Orihuela foi un digno rival, pero non puído cun equiipo de categoría superior. Consegue así o Ourense Club de Fútbol o seu primeiro título oficial e máis de noventa mil euros.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade