Publicador de contidos

Publicador de contidos

O Ourense C. F. celebra unha vitoria despois de seis xornadas (2-0)

O Ourense C. F. celebra unha vitoria despois de seis xornadas (2-0)

Derrotou o Real Avilés con goles de Amin e Gabri Palmás

G24.gal 11/12/2022 19:25

O Ourense CF precisaba gañar ante o Real Avilés despois dunha secuencia nefasta de seis xornadas en que só conseguira dous empates. Desta volta o equipo de Rubén Domínguez acadou o triunfo (2-0) e afastou moitas pantasmas que había arredor do equipo. 

Os goles marcáronnos Amin, no primeiro tempo, e Gabri Palmás, ao pouco de principiar o segundo. Os dous dianteiros que lograron o ascenso a temporada pasada asociáronse dun xeito maxistral para darlle a vitoria ao cadro ourensán. 

O Avilés tivo moi bos minutos no primeiro tempo e xusto despois de recibir o segundo gol pero atopouse cun Marqueta moi seguro baixo paus. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar

Publicador de contidos