O Ourense C. F. logra un importante triunfo nun partido en Requexón marcado pola lesión de Varela
O futbolista tivo que ser retirado en padiola logo de perder o coñecemento despois dun golpe
Quedou no hospital de Oviedo para pasar a noite en observación
O Ourense C. F. conseguiu a primeira vitoria da temporada. Foi no campo do Oviedo Vetusta, nun partido que logrou decantar nos minutos finais logo do gran susto da xornada. Varela perdeu o coñecemento despois dun forte golpe na cabeza e tivo que ser evacuado ao hospital de Oviedo para pasar a noite en observación.
Despois chegou a expulsión de Lucas Laso. Cun home máis, o Ourense aproveitou as súas ocasións. Alberto Gil abriu o marcador a tres minutos de chegar ao noventa. E Sergio Arribas asinaba o gol da tranquilidade, o 0 a 2, no tempo engadido do partido.
Tras o partido, os técnicos amosaban a súa preocupación polo estado de Varela.