Publicador de contidos

Publicador de contidos

O Ourense C. F. acaba co Valladolid sobre a lameira do Couto (1-0)

O Ourense C. F. acaba co Valladolid sobre a lameira do Couto (1-0)

Gabri Palmás marcou no 15 o tanto da vitoria dun equipo que chega aos 22 puntos

G24.gal 08/01/2023 14:05

O Ourense C. F. sumou tres puntos de ouro nun impracticable campo do Couto diante dun Valladolid Promesas que busca o ascenso (1-0). O gol de Gabri Palmás fixo xustiza ao visto nun partido que contou con moitas ocasións. 

A primeira parte foi de dominio ourensán, que superou por completo a un filial que non sabía como remexerse no terreo de xogo. Os galegos xeraron ata seis ocasións claras de gol e o resultado quedou curto. 

O Valladolid buscou dominar nun segundo tempo moito máis aberto, con oportunidades para os dous equipos. Gabri puido marcar o segundo para o Ourense e Pozo empatar para o Valladolid. Aguantaron os de Rubén Domínguez, que só sufriron no treito final coas ocasións de Maroto e Arroyo no engadido. 

O Ourense C. F. chega aos 22 puntos, unha cifra moi interesante xusto antes de rematar a primeira volta. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade