Publicador de contidos
Publicador de contidos

O Ourense C. F. soña cun grande despois de eliminar o Guijuelo (1-2)

O Ourense C. F. soña cun grande despois de eliminar o Guijuelo (1-2)

Podería tocarlle un rival de Primeira División na seguinte eliminatoria

G24.gal 29/10/2024 22:38

O Ourense Club de Fútbol pasou a primeira eliminatoria da Copa do Rei. Conseguiu gañar no difícil campo do Guijuelo, un Luis Ramos que estaba enchoupado e engadía máis dificultade á tarefa. O equipo de Adri Abalo consegue encadear unha segunda vitoria seguida, supera por primeira vez na historia unha eliminatoria da Copa e agarda que a sorte lle sexa favorable para que un equipo de Primeira División pise o campo do Couto. 

Houbo que traballar moito o partido. O Guijuelo empregouse con moito entusiasmo e tivo as mellores ocasións no primeiro tempo. Determinante resultou o gol de Di Renzo nada máis comezar a segunda parte. O Ourense aumentou a vantaxe no 67 cun gol de Jairo, pero o Guijuelo volveu meterse no partido un par de minutos máis tarde. Había que sufrir, pero os ourensáns lograron un triunfo que rearma unha moral que estaba moi baixa había unha semana. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar
Publicador de contidos