Publicador de contidos

Publicador de contidos

O Ourense C. F. salva un punto na estrea ligueira diante do Athlétic B

O Ourense C. F. salva un punto na estrea ligueira diante do Athlétic B

O filial bilbaíno foi superior e tivo máis ocasións pero Álvaro Ratón estivo moi inspirado baixo os paus

G24.gal 31/08/2025 21:45

Salvou un empate o Ourense Club de Fútbol na estrea ligueira diante do filial do Athlétic (0-0). O equipo bilbaíno foi mellor pero non tivo acerto diante da portería dun Álvaro Ratón moi inspirado. 

O encontro comezou mal para os ourensáns coa lesión do central Adri Pérez. Un remate de Jerín abriu fogo pero o Athlétic estivo máis preto do gol cun remate de Duñabeitia e outro de Íker Varela. 

No segundo tempo o equipo visitante continuou acumulando méritos, sobre todo nos últimos dez minutos. Un remate de Ibai Sanz foi detido entre Ratón e o poste e no último minuto do engadido Monreal, completamente só na área pequena rematou demasiado alto.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade