Publicador de contidos

Publicador de contidos

O Ourense C. F. gaña a Copa Federación na quenda de penaltis

O Ourense C. F. gaña a Copa Federación na quenda de penaltis

O Arousa, da Terceira Federación, conseguiu empatar (1-1) nos noventa minutos

G24.gal 24/08/2025 21:37

O Ourense Club de Fútbol é o campión do sector galego da Copa Federación e seguirá na pelexa á procura dun oco na vindeira edición da Copa do Rei.

O Arousa, dúas categorías por debaixo do cadro ourensán, deu moita guerra. Malia ir perdendo case desde o primeiro minuto -gol de Marco Camus- o equipo arlequinado non desesperou e acadou o empate a menos de dez minutos para o final cun remate de Gabri Palmás á saída dun córner. 

Na quenda de penaltis resultou decisiva a achega do porteiro Alberto Sánchez. O ex do Deportivo detivo dous lanzamentos do Arousa e posibilitou que o Ourense gañe o título. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade