Publicador de contidos

Publicador de contidos

O ocio nocturno, en ascuas por festas de Noitevella

O ocio nocturno, en ascuas por festas de Noitevella

A maioría dos locais xa venderon a totalidade das entradas

G24.gal 27/12/2021 14:16

Catro días antes da Noitevella, case todas as entradas para as festas e cotillóns xa están vendidas. O sector do ocio nocturno é consciente da situación da pandemia na nosa comunidade e está moi pendente do que se poida decidir na xuntanza  do comité.

As festas están en marcha, pero o sector do ocio nocturno é prudente con vistas ás celebracións. 

A maioría dos locais teñen a totalidade das entradas vendidas, pero a medida que avanzan os contaxios comezaron a frearse  as vendas. 

Onde se están a notar máis as cancelacións é na hostalería e nos hoteis onde se está a producir unha importante caída das reservas.

Nas últimas horas algunhas discotecas xa anunciaron a suspensión de festas e cotillóns.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar

Publicador de contidos