Cargando resultados...
			
		
	
		
	
	
	
		
		
		O novos conselleiros do 'Govern' catalán toman hoxe posesión
O executivo conta con antigos cargos de PSC, Podemos e Converxencia
                        Junts pídelle a Aragonés que convoque eleccións ou se someta a unha cuestión de confianza
            
                            G24.gal
                        
                            11/10/2022 08:43
                        
                        
                        
                        
                    
                    Os sete novos conselleiros do Goberno de Pere Aragonès tomarán posesión esta mañá.
No novo executivo catalán hai antigos cargos do PSC, de Podemos e da antiga Converxencia. Aragonès prescinde da figura de vicepresidente, un posto que ocupaba anteriormente Jordi Puigneró, de Junts per Catalunya. Tras a toma de posesión, celebrarase a primeira reunión do Govern en solitario de ERC.
Os exsocios de Junts pídenlle a Aragonès que convoque eleccións ou se someta a unha cuestión de confianza.