Publicador de contidos

Publicador de contidos

O novo sistema de citas na Atención Primaria, en probas

O novo sistema de citas na Atención Primaria, en probas

O obxectivo é axilizar as citas evitando a súa duplicidade, aliviar as consultas e ofrecer unha atención máis especializada

G24.gal 25/10/2021 23:23

"Por favor, pode dicirme o motivo da súa consulta?". Isto é o que escoitará o paciente cando chame ao centro de saúde. Unha pregunta sinxela que servirá para ordenar as consultas, segundo a súa prioridade e o profesional que debe atendelas.

"Vaise derivar a cada paciente aos profesionais máis adecuados, na modalidade máis adecuada, e no tempo máis adecuado", di María Jesús Rodríguez, xefa de servizo do centro de saúde Acea da Ma.

O obxectivo é axilizar as citas evitando a súa duplicidade, aliviar as consultas e ofrecer unha atención máis especializada.

María Jesús Rodríguez asegura que "ao ser os circuítos máis rápidos, mellor traballo en equipo, diminución no tempo de espera e mellora da calidade asistencial".

Uns 40 profesionais participaron na elaboración da guía con máis de 500 motivos de consulta máis frecuentes na Atención Primaria.

"Saber se eses 500 motivos se adaptan ao que o paciente nos pide, se hai que incorporar máis ou sacar algún", afirma Sofía López Linares, xefa do servizo do centro de saúde Illas Canarias.

Este cribado farase inicialmente coas citas telefónicas, pero acabará estendéndose ás citas por Internet.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade