Publicador de contidos

Publicador de contidos

O novo presidente do Lugo fixa as liñas mestras do seu proxecto

O novo presidente do Lugo fixa as liñas mestras do seu proxecto

Baroni dá as tres chaves do seu mandato. Profesionalización, estabilidade e Ilusión.

G24.gal 26/07/2025 20:55 Última actualización 26/07/2025 21:55

Desde xuño, o Lugo conta co seu vixésimo cuarto presidente da súa historia. Trátase de Ronald Baroni, un ex internacional peruano que leva toda a vida no fútbol. Primeiro como xogador. "Ter xogado coa selección para min foi algo moi lindo. Tamén cumprín outra das miñas metas, que era xogar en Europa. Pero eu o que sentía era ledicia por xogar o fútbol".

Logo foi representante. "Fun un axente que endexamáis lle toquei o diñeiro dos xogadores, en definitiva, un mal axente".

E o mes pasado exerce como máximo dirixente do equipo da muralla. "Vin un club con moito potencial para crecer".

Na súa presentación en sociedade, Baroni fixou as liñas mestras do seu programa. Ilusión. "En tres anos temos que tratar de voltar o fútbol profesional".

Profesionalización das estruturas do club. "Debemos consolidar o tema económico, facer que sexa unha sociedade autosuficiente e que non xere débedas como veu pasando".

E, por último, estabilidade na busca dos obxectivos. "Estabilidade vai haber sempre. Imos respetar os contratos, os procesos, acompañar. Non imos intervir, deixaremos traballar".

Agora a Baroni só lle queda disfrutar do fútbol.

 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar

Publicador de contidos