Cargando resultados...
O novo modelo do crime organizado xa está aquí
Factores como a presión exercida polo goberno de Donald Trump no Caribe ou por Nayib Bukele no Salvador fan que as bandas busquen unha alternativa ao outro lado do Atlántico
Chegan cunha nova forma de actuar que destaca por unha violencia extrema pero que segue ligada a vellas eivas coma o narcotráfico
G24.gal
22/11/2025 15:30
Todo cambia co tempo, tamén as bandas do crime organizado. A caída das células do Tren de Aragua e do Cártel Jalisco Nueva Generación, dúas das máis poderosas a nivel mundial, dá boa conta das súas ramificacións internacionais. No camiño cara a Europa, ven no país unha porta ao Vello Continente.