Publicador de contidos
Publicador de contidos

O novo Lugo de Mauro Pérez vai collendo forma

O novo Lugo de Mauro Pérez vai collendo forma

Ten doce xogadores confirmados e nas vindeiras horas podería oficializar a renovación de Barreiro e a fichaxe de Miguel Loureiro

O mércores comeza a pretemporada

G24.gal 03/07/2022 08:25

O novo proxecto do Lugo bota andar o mércores con Carlos Pita de director deportivo e un novo inquilino no banco, Hernán Pérez. O asturiano pensa manter o ideario instalado no Anxo Carro. Isto é Lugo e aquí hai que sachar.

No campo, os focos xa non se poñerán sobre os tres capitáns Seoane, Pita e Iriome. Tampouco estarán dous homes chave nas últimas temporadas como Campabadal e Carrillo, máximo goleador da pasada campaña. Tamén marchan Pol García, e os cedidos Ricard Sánchez, Alende, Mayoral e Joselu, aos que se sumou nas últimas horas o meta Vieites.

A falta de catro días para a volta ao traballo, os lucenses contan con trece xogadores confirmados. O porteiro Whalley, os centrais Alberto Rodríguez e Alex Pérez, o lateral esquerdo Lebedenko, os cenrocampistas Xavi Torres, Juampe, Clavería e Señé e os dianteiros Cuéllar, Chris Ramos, Sebas Moyano e mais a única fichaxe confirmada ata o momento, o extremo Ángel Baena.

Nas vindeiras horas, podería pecharse definitivamente a renovación de Manu Barreiro, que cumpriría a súa quinta temporada no club, e a contratación do lateral dereito Miguel Loureiro, procedente do Racing de Ferrol.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar
Publicador de contidos