Cargando resultados...
O novo Ensino tentará ser ambicioso na Liga Feminina Endesa
O ano pasado sufriu para lograr a permanencia e para esta temporada fixo incorporacións de renome
G24.gal
03/10/2022 21:41
Esta semana comeza a rodar a Liga Feminina e o representante galego na máxima categoría, o Durán Maquinaria Ensino. O luns á noite realizou a presentación diante dos seus seareiros.
Os afeccionados puideron ver as novas incorporacións do equipo e as caras máis coñecidas. O Ensino comeza a liga o vindeiro mércores 5 de outubro a domicilio. O equipo que adestra Antonio Pernas xogará na primeira xornada ante o Casademont Zaragoza.
O equipo do Ensino está formado por: Ane Olaeta, Esther Castedo, Alba Prieto (bases), Blanca Millán, Lorena Segura, Laura Aliaga (aleiros), María Martiañez, Margaret Roundtree, Paula Ginzo e Lydia Giomi (pívots).