Publicador de contidos
Publicador de contidos

O nivel dos encoros recupera a normalidade e están xa case nun 74 % da súa capacidade

O nivel dos encoros recupera a normalidade e están xa case nun 74 % da súa capacidade

Desde outubro choveu o dobre que o ano pasado e un 22 % máis dun ano normal

O mes de xuño está sendo especialmente chuvioso, nestes días xa se recolleron 75 litros por metro cadrado cando o habitual son 50 en todo o mes

O nivel dos encoros están 18 puntos por riba ca o ano pasado, cando estaba nun 56 %

G24.gal 12/06/2023 15:03

Agárdase que ese aviso amarelo deixe esta tarde de novo chuvia intensa e que pode vir acompañada de tormentas nas provincias de Lugo, Ourense e o interior da Coruña. E precisamente estas choivas continuadas durante este último mes  elevaron o nivel dos encoros en Galicia, sobre todo se o comparamos co ano pasado, un ano especialmente seco.

Nestas mesmas datas os encoros estaban o ano pasado nun 56 % e agora xa están por riba do 73 % da súa capacidade. 

Este xuño está sendo máis húmido do habitual. Desde outubro choveu o dobre do que o fixo o ano pasado, o segundo máis seco da historia en Galicia. Os encoros da Confederación Hidrográfica Miño-Sil estiveron por debaixo do 40 por cento.

Pero neste ano hidrolóxico volven estar por riba do 73 % da súa capacidade, na demarcación de Galicia-Costa superan xa o 80 %. A chuvia continuada desde finais de maio axudaron a normalizar a situación.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar
Publicador de contidos