O Negreira xogará na Copa cun equipo da Primeira se elimina o Textil Escudo
O equipo galego ten que remontar este sábado o 2-1 da ida
O vencedor da eliminatoria medirase ao Celta, Alavés, Oviedo ou Real Sociedade
Hai 20 anos da maior fazaña deportiva do Negreira, aquela tarde na que o equipo ascendeu á desaparecida Segunda B e sacou o tractor polas rúas da vila. O goleador e capitán era Adrián Vázquez. 20 anos despois é, amáis de técnico de deportes no Concello da Baña, o adestrador dun Negreira que volve citarse coa historia: xogar na Copa contra un equipo da Primeira División.
"O ascenso a 2ºB foi espectacular. Quizáis non se lle deu o mérito que se lle dá agora co paso do tempo. Pero isto tamén sería histórico porque non creo que volva pasar", comenta Adrián Vázquez, adestrador do Negreira.
Se o Negreira remonta este o 2-1 da ida ante o Textil Escudo cántabro, tocaralle un destes Primeira no sorteo de Copa: Celta, Oviedo, Alavés ou Real Sociedade. "É algo co que ninguén soñaba. Sobre todo hai uns anos co equipo na Primeira Rexional custándolle moito subir a Preferente. E tres anos despois poder enfrontarse a un Primeira División é a hostia", resalta o adestrador.
Dúas décadas despois daquel histórico Negreira do Adrián goleador, aparece, dende a categoría Preferente, o Negreira do Adrián adestrador