O Negreira quere facer historia na Copa xogando ante un equipo de Primeira
Adrián, o adestrador, estivera como xogador hai vinte anos cando o Negreira ascendeu á Segunda B
O Negreira xoga no grupo norte da Preferente galega e está a un partido de enfrontarse contra un equipo de Primeira División na Copa do Rei
Hai 20 anos da maior fazaña deportiva do Negreira, aquela tarde en que o equipo ascendeu á desaparecida Segunda B e sacou o tractor polas rúas da vila. O goleador e capitán era Adrián Vázquez. 20 anos despois é, amais de técnico de deportes no Concello da Baña, o adestrador dun Negreira que volve citarse coa historia
Se o Negreira remonta mañá o 2-1 da ida ante o Textil Escudo cántabro, tocaralle un destes Primeira no sorteo de Copa: Celta, Oviedo, Alavés ou Real Sociedade.
Sería algo moi grande, dúas décadas despois daquel Negreira do Adrián goleador, aparece, dende a categoría Preferente, o Negreira do Adrián adestrador