Publicador de contidos

Publicador de contidos

O Mundial de Motocrós máis igualado da historia decídese na G2 (15:00)

O Mundial de Motocrós máis igualado da historia decídese na G2 (15:00)

Herlings gaña a primeira manga da última carreira e empata a puntos con Febvre. O que quede por diante na segunda carreira levará o Campionato

Jorge Prado foi o 5º e Rubén Fernández acabou na 12ª posición

G24.gal 10/11/2021 12:32

O Mundial de Motocrós máis igualado da historia decidirase na última carreira do último Grande Premio. A esa última proba chegan Jeffrey Herlings e Romain Febvre empatados a 693 puntos, co neerlandés por diante ao teren máis vitorias. 

Herlings impúxose na primeira manga demostrando a súa agresividade. Saiu na cuarta posición pero aos dez minutos de carreira realizou un par de adiantamentos espectaculares. Febvre tentou seguir a súa roda pero acabou no segundo posto. Jorge Prado foi o máis rápido na primeira volta (holeshot) pero acabou cedendo diante do empuxe dos favoritos e acabou na quinta posición. Rubén Fernández chegou a rodar no sexto posto pero acabou no 12º posto.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar

Publicador de contidos