Publicador de contidos
Publicador de contidos

O ministro Torres nega que falase con Koldo García como sostén o exasesor de Ábalos

O ministro Torres nega que falase con Koldo García como sostén o exasesor de Ábalos

Nunha entrevista no xornal El Mundo, Koldo García di que lle ofreceu máscaras a catro ministerios e cinco autonomías

Koldo García: "Nin eu, nin Ábalos nin ninguén no ministerio cobrou un peso"

Feijoo avisa ao PSOE: "Se pretenden calarnos e dividirnos, que se esquezan"

Koldo defende que fixo o que lle pediron moi ben e está convencido que polas máscaras non lle vai caer "nin un día"
G24.gal 02/04/2024 14:28

Koldo García tira da manta. Faino nunha entrevista no diario El Mundo. Defende que fixo o que lle pediron e que o fixo moi ben. E está convencido de que pola intermediación coas máscaras non lle vai caer nin un día. Revela que lles ofreceu máscaras a catro ministerios e a cinco autonomías, entre elas Canarias e Baleares, as dúas no punto de mira xudicial. 

Con Baleares confirma contactos co Goberno de Armengol e no caso canario, asegura que chegou a falar directamente co ministro Ángel Víctor Torres, daquela presidente da comunidade. 

O PP confirma que o chamará a declarar á comisión e investigación que está en marcha no Senado. O ministro comparecerá pero nega que falara coa man dereita de Ábalos e que recibira ordes desde Madrid. A investigación impulsada polo PSOE no Congreso bota a andar esta tarde no Congreso. 

Populares e socialistas non desvelan as súas cartas pero non descartan forzar comparecencias de máximo nivel. Unha contraprogramación de nomes que podería levar ao Congreso a Ayuso e Feijóo e ao Senado a Pedro Sánchez e a súa muller. Feijóo mándalle recado aos socialistas. Se o que pretenden é "calarnos e dividirnos que se esquezan". 

Segundo publica El Confidencial, Begoña Gómez axudou dúas empresas privadas a conseguir una adxudicación do Goberno de máis de 7 millóns de euros durante a pandemia.  Segundo o xornal, un dos accionistas montou o máster que ela dirixe actualmente. A voceira do Goberno, Pilar Alegría defende que  todo o procedemento foi "impecable" e advirte que en "política non cabe todo". 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade