Publicador de contidos
Publicador de contidos

Koldo García: "Nin eu, nin Ábalos nin ninguén no ministerio cobrou un peso"

Koldo García: "Nin eu, nin Ábalos nin ninguén no ministerio cobrou un peso"

O exasesor do exministro de Transportes, José Luís Ábalos, nega que alguén do departamento cobrase "un peso" pola venda de material sanitario

O PP chamará a declarar a Ángel Víctor Torres na comisión de investigación do Senado

Torres di que "non ten problema" en comparecer e agarda o mesmo por parte de Ayuso ou Feijóo

Koldo García abandonando a Audiencia Nacional o pasado 20 de febreiro Koldo García abandonando a Audiencia Nacional o pasado 20 de febreiro
G24.gal 02/04/2024 09:28 Última actualización 02/04/2024 13:50

Koldo García asegura que durante a pandemia, mentres era asesor do entón ministro de Transportes, José Luis Ábalos, actuou "coa única intención de axudar". Nunha entrevista no diario El Mundo negou que alguén nese ministerio cobrase "un peso" pola venda de material sanitario.

O exasesor do exministro explica que ofreceu máscaras a catro ministerios e cinco autonomías: Castela e León, Castela-A Mancha, Canarias, Baleares e A Rioxa.

"Pedín presupostos (de máscaras) e aceptei suxestións de todo o mundo e, como non son un experto, paseino cara a arriba". Escolleu a oferta lanzada pola empresa Soluciones de Gestión porque "vimos que era unha oferta seria porque nos trouxeron dous avións e cobráronnos cando chegaron".  

"Eu podo xustificar o meu patrimonio co meu soldo".

Koldo García nega que percibise comisións pola adquisición de material sanitario. Na entrevista no diario El Mundo indicou que durante anos gañaba sete mil euros ao mes e cobrou unha indemnización de corenta e cinco mil euros. "O diñeiro en metálico que a Garda Civil di que son comisións é diñeiro que eu sacaba das miñas contas e gardaba na miña casa"

Segundo García, desde o primeiro momento nen que empezou a traballar para o exministro dedicouse a asistir a Ábalos "en todo o que necesitaba na súa vida persoal e laboral". "Eu xa fixen o meu traballo. Que din que o fixen foi ilegal? Eu actuei coa única intención de axudar".

O PP chamará a declarar a Ángel Víctor Torres na comisión de investigación do Senado

O Partido Popular chamará a declarar o ministro de Política Territorial e Memoria Democrática, Ángel Víctor Torres, na comisión de investigación do Senado, polos contactos que mantivo no caso Koldo, sobre o suposto cobro de comisións ilegais na compra de máscaras.

Así o avanzaron fontes do PP despois de que o exasesor de José Luis Ábalos revelara, nunha entrevista no Mundo, que ofreceu máscaras a catro ministerios e cinco autonomías, e que houbo contactos directos co expresidente canario, o hoxe ministro Angel Víctor Torres.

"Canarias, con Torres como presidente, foi o berce do caso Mediador e un dos epicentros da trama socialista referida ao pago de comisións supostamente ilegais pola compra de máscaras defectuosas en plena pandemia", sosteñen  fontes do Partido Popular.

Torres súmase así á lista de persoas que deberán comparecer na cámara alta, a pedimento do PP, para dar conta do caso Koldo, despois de que nas últimas horas transcendese que tamén o fará a presidenta do Congreso, Francina Armengol.

Torres: "Ningún problema en comparecer"

Pola súa parte, o ministro Torres, asegurou este martes que non ten "ningún problema" en acudir a declarar na comisión de investigación. "Era algo esperable", asegurou na conferencia de prensa tras a xuntanza do Consello de Ministros.

"Espero que tamén, ao igual que o digo eu, non teña tampouco ningún problema en comparecer a presidenta da Comunidade de Madrid, o que era presidenta da comunidade de Galicia ou o resto de presidentes que tiñamos responsabilidade durante a pandemia", asegurou o Ángel Víctor Torres. 

E con respecto ás recentes publicacións sobre o caso Koldo, insistiu en que "a min non me chamou nin o ministro, nin ninguén do seu equipo para contratar con esta empresa".

"O que ocorreu foi que a empresa contactou co director do Servizo Canario de Saúde que trasladou esa proposta aos servizos técnicos, que a analizaron e que propuxeron o encargo, e o encargo chegou con máscaras que se pagaron a dous euros naquel momento cando noutras comunidades se pagaban por enriba de seis", explicou Torres.

"Ademais, creo que no día de hoxe, o propio Koldo García afirmou que non contactou comigo", concluíu o ministro.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade