Publicador de contidos

Publicador de contidos

O Mauna Loa, o volcán activo máis grande do mundo, entra en erupción

O Mauna Loa, o volcán activo máis grande do mundo, entra en erupción

Sucede tras case corenta anos de calma

G24.gal 28/11/2022 17:14

O volcán Mauna Loa de Hawai, o máis grande do mundo que aínda permanece activo, entrou en erupción este luns por primeira vez en case 40 anos.

A Axencia de Xestión de Emerxencias hawaiana asegurou en Twitter que a erupción, de momento, limítase á área da caldeira do volcán e non representa ningún risco para as comunidades que se atopan na base da montaña.

Con todo, a mesma axencia avisou de que se abriron algúns refuxios como medida de precaución.

O Servizo Nacional de Meteoroloxía estadounidense asegurou que se pode acumular un resto de cinza "de menos dun cuarto de polgada" nalgunhas partes da illa, polo que recomendaron ás persoas con problemas respiratorios que non saísen de casa para non inhalar as partículas no aire.

O volcán de Mauna Loa atópase a poucos quilómetros do de Kilauea, que en 2018 sufriu unha erupción que destruíu máis de 700 fogares, obrigando varios residentes a desprazarse.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar

Publicador de contidos