Publicador de contidos
Publicador de contidos

O Mánchester City anuncia un principio de acordo co Borussia Dortmund para fichar a Haaland

O Mánchester City anuncia un principio de acordo co Borussia Dortmund para fichar a Haaland

Se contamos cláusula de saída, salario do xogador, comisións e bonus, a fichaxe de Haaland custaralle máis aló dos 350 millóns de euros ao Mánchester City

G24.gal 10/05/2022 16:43 Última actualización 10/05/2022 16:58

Estes son os números que manexa a prensa inglesar sobre a fichaxe de Haaland: 75+10 millóns para o Borussia Dortmund. 40 millóns e 5 anos para o xogador. E as comisións: 30 millóns para Haaland pai; e 50 para a axencia que representa Erling.

En total, millón arriba ou abaixo, e sen ser oficiais as cifras, a fichaxe de Erling polo Manchester City custará máis de 350 millóns de euros.

Se se confirma este soldo, o futbolista noruegués podería estar entre os cinco mellores pagos do mundo, á espera, iso si, do novo contrato que tamén asinará Kylian Mbappé este verán, xa sexa no Real Madrid (presumiblemente) ou no PSG, no caso de que renovase polo conxunto parisiense.

Se contamos cláusula de saída, salario do xogador, comisións e bonus, a fichaxe de Erling Haaland custaralle máis aló dos 350 millóns de euros ao Man. City

 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar