Cargando resultados...
O Lugo supera o Ourense C. F.
Cuarto partido amigable da pretemporada dos albivermellos
G24.gal
23/07/2022 21:21
O Lugo reencontrouse coa vitoria en Taboada. Alí derrotou o Ourense Club de Fútbol por tres goles a cero.
Os tres tantos chegaron na primeira metade. Abriu o marcador axiña Sebas Moyano. So ían disputados cinco minutos cando marcaba este tanto logo dunha boa xogada colectiva do equipo.
No minuto vinte chegaba o dous a cero. Un gol especial para Ángel Baena. Ademais de ser o seu primeiro tanto como albivermello, foi un auténtico golazo, cunha gran definición diante do porteiro.
E pouco antes do descanso, Sebas Moyano anotaba o segundo da súa conta cun lanzamento de media distancia. 3-0 en Taboada, segunda vitoria da pretemporada.