O Lugo quere pasar páxina da controversia e centrarse no Éibar
O mércores visita un dos mellores equipos da categoría en Ipurua (19:00 horas)
Polémica arbitral, co VAR como protagonista, no empate sen goles do Lugo no Anxo Carro contra o Mirandés. A primeira acción polémica tivo lugar no minuto 24 co penalti asubiado e logo rectificado sobre El Hacen. O Lugo puido levar a vitoria no treito final con gol de cabeza de Chris Ramos. Pero a alegría da afección foi novamente truncada polo VAR.
O máis positivo para o cadro lucense é que suma catro dos últimos seis puntos e non recibiu ningún gol nos últimos 195 minutos. Toca centrarse no partido entre semana ante o Éibar, un dos claros candidatos ao ascenso de categoría.
O Éibar comezou moi forte, sobre todo no seu campo de Ipurua, onde gañou os primeiros catro partidos de liga. Pero nos dous últimos, tanto o Mirandés coma o Albacete foron capaces de sacarlle un empate. O equipo vasco acaba de gañar en Málaga cun gol de Quique González.