O Lugo pide o apoio da afección para lograr a primeira vitoria
El Hacen convence a Hernán Pérez e o club anuncia que lle fará ficha
O Lugo recibe este sábado (19:30 horas) ao Leganés co obxectivo de sumar a primeira vitoria da temporada. Vitoria que ningún dos dous equipos logrou nas primeiras dúas xornadas de liga. Dúas derrotas sumou o Leganés por unha derrota e un empate do Lugo.
Con todo o punto conseguido en Tenerife alimenta o caracter positivo e optimista do técnico asturiano. Hernán Pérez confía en que os tres puntos quedarán no Anxo Carro.
A poucos días de rematar o mercado o Lugo confirmou que lle vai facer ficha a El Hacen. O xogador de Mauritania estaba a adestrar co equipo e xa é un vello coñecido da afección. Fundamental na permanencia de 2020 xogou durante temporada e media no cadro lucense.
🔴|OFICIAL|🔴
— Club Deportivo Lugo (@CDeportivoLugo) August 26, 2022
👉 El Hacen @El_Hacen18 , novo xogador do #CDLugo!
▶️ https://t.co/NquZJwN8rW#ForzaLugo #BenvidoElHacen #ElHacenDeVolta #AcostumadosALoitar pic.twitter.com/7t41IP0SVY