Cargando resultados...
O Lugo incorpora o lateral Najeeb Yakubu á dinámica do primeiro equipo

G24.gal
20/04/2022 20:16
O Lugo incorpora de xeito inmediato a Najeeb Yakubu, un lateral de 21 anos (1-5-00) que estaba a xogar no Vorskla Poltava da Premier League de Ucraína. Como consecuencia da invasión rusa e a paralización da competición naquel país quedaba na cota autorizada pola UEFA para asinar con calquera equipo.
Dentro da aposta do Lugo por xogadores novos e con proxección entra o perfil de Yakubu, que foi internacional con Ghana en categorías inferiores pero ao posuír a dobre nacionalidade recibiu a chamada da selección de Níxer para xogar coa absoluta.
Primeira sesión de #Yakubu xunto aos seus novos compañeiros 👏😍#ForzaLugo pic.twitter.com/TZA2ojxHcZ
— Club Deportivo Lugo (@CDeportivoLugo) April 20, 2022