Publicador de contidos

Publicador de contidos

O Liceo volve moi renovado e cheo de ambición

O Liceo volve moi renovado e cheo de ambición

Perdeu sete dos xogadores que gañaron o título da OK Liga e asinou cinco novas pezas

G24.gal 01/08/2022 15:32

Púxose en marcha o campión da última OK Liga. O Liceo iniciou a pretemporada cunha profunda renovación no seu vestiario. O equipo de Juan Copa perdeu sete xogadores: Roby Di Benedetto (Benfica), Jordi Adroher (Oliveirense), Carles Grau e Marc Grau (Barça), Jordi Burgaya (Voltregà), Martín Rodríguez (Noisy Le Grand) e Maxi Oruste (Vercelli)

Para suplilos realizou cinco fichaxes: Martí Serra (Lleida), Bruno Di Benedetto (Lleida), Sito Ricart (Caldes), Arnau Canal (Voltregá) e Fabrizio Ciocale (Valdagno) e incorporou a Matías Bridge e Fran Torres á dinámica do primeiro equipo (Liceo B).

Juan Copa mantén a veteranía de Dava Torres, César Carballeira e Álex Rodríguez. Comeza o desafío para un equipo que baixa notablemente a súa media de idade, pero non a ambición.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar

Publicador de contidos