Publicador de contidos

O líder Adarve corta a serie vitoriosa do Pontevedra

O líder Adarve corta a serie vitoriosa do Pontevedra

Charles adiantou o conxunto pontevedrés, pero o Adarve remontou na segunda metade cos goles de Montejo e Tellechea

G24.gal 07/11/2021 13:11

O Pontevedra chegaba ao partido co Adarve logo de sumar catro vitorias seguidas. Comezou do mellor xeito o partido, cun gol de Charles, pero non aguantou na segunda parte.

Na segunda metade o Adarve foi metendo o Pontevedra no seu campo. Empatou nun discutido penalti transformado por Montejo e sentenciou á saída dun córner nunha cabezada de Tellechea, que acababa de entrar no partido. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar