Publicador de contidos
Publicador de contidos

O Goberno pecha filas co ministro Marlaska e descarta a súa saída

O Goberno pecha filas co ministro Marlaska e descarta a súa saída

Un informe de Interior revela que as patrulleiras da Garda Civil están vellas e non resisten as arremetidas das narcolanchas

Interior non informou a fiscalía xeral do Estado da desactivación da unidade de elite contra o narco no Campo de Xibraltar

O ministro Marlaska volve estar cuestionado
G24.gal 13/02/2024 14:32

O ministro Marlaska, de novo, cuestionado. O crime de Barbate pono, outra vez, no foco, pero el nega que se poida relacionar co abandono da zona. Discrepan rotundamente asociacións de gardas civís que poñen exemplos. "Non poden estar seis patrulleiras de Cádiz avariadas durante meses", denuncia Agustín Leal, de Jucil.  Un informe do propio ministerio admite que as patrulleiras da Garda Civil son moi vellas e non resisten as arremetidas das narcolanchas. 

Pero o principal problema político ten nome propio. Ocon-Sur, unha unidade de elite para loitar contra o narcotráfico. Interior desactivouna en 2022 despois de practicar milleiros de detencións. E fíxoo sen explicar o porqué. 

Non o sabía nin a Fiscalía Xeral do Estado. "Isto non se comunicou á fiscalía", recoñece o fiscal xeral, Álvaro García Ortiz.  E as asociación e sindicatos policiais denuncian as consecuencias. Jucil di que "o narco veuse arriba e o principio de autoridade desapareceu do Campo de Xibraltar".

Grupos da oposición insisten en que o ministro debe cesar. A secretaria xeral de Podemos, Ione Belarra considera que hai "ducias de razóns para que o señor Marlaska non siga no seu posto" e engade que "nunca debeu ser nomeado".

Pero o Goberno no ve razóns para a súa saída. A voceira do Executivo. Pilar Alegría, defende que o titular de Interior "acreditou unha traxectoria fóra de toda discusión e se hai alguén perfectamente capacitado para afrontar este desafío ese é o ministro".

A polémica chegou tamén ao Parlamento catalán. PP, Vox e CS acusan os socialistas de negarse a facer un minuto de silencio. Eles négano e lamentan a instrumentalización da traxedia. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade