O Goberno mantén a confianza no fiscal xeral do Estado
Pilar Alegría, ministra de Educación e voceira do Goberno, dixo hoxe que o caso "é kafkiano"
O Goberno non cambia nin vai cambiar a súa posición, dixo Pilar Alegría sobre o fiscal xeral do Estado. A confianza nel é absoluta malia a causa aberta por presunta revelación de información relativa á parella de Isabel Díaz Ayuso. A mensaxe segue a ser a mesma: só saíu desmentir unha información. Pilar Alegría, ministra de Educación e voceira do Goberno, dixo hoxe que o caso do Fiscal Xeral "é kafkiano".
Na súa declaración ante o Supremo, García Ortiz negou dúas veces, as dúas contestou: "Rotundamente non", a acusación de que filtrara ningún dato sobre o caso da parella de Díaz Ayuso. Si recoñeceu que cometeran un erro: unha vez que souberon que era unha persoa relevante, o que deberon facer foi emitir unha nota de prensa. Sobre o borrado dos seus teléfonos, García Ortiz asegurou que borra todo porque son datos sensibles. Dende o Partido Popular din que García Ortiz só ten unha saída: dimitir como fixo o irmán de Sánchez.
Alegría tamén mostrou a súa estrañeza polos atrasos para a declaración de Alberto González Amador. Tras catro suspensións, en principio comparecerá o 24 deste mes.