Publicador de contidos

Publicador de contidos

O Goberno segue as tarefas de rescate en contacto coas autoridades do Canadá

O Goberno segue as tarefas de rescate en contacto coas autoridades do Canadá

A voceira do Executivo, Isabel Rodríguez, pide prudencia mentres non se coñeza máis información sobre o ocorrido

G24.gal 15/02/2022 14:48

A voceira do Goberno, Isabel Rodríguez, confirmou o rescate de tres tripulantes do Villa de Pitanxo, e dixo que o Goberno segue con inquedanza e preocupación as tarefas de rescate. Tamén que están en permanente contacto cos servizos de rescate que están a operar na zona do afundimento.

Isabel Rodríguez pediu prudencia á hora de informar sobre o naufraxio por respecto aos familiares.

delegado do Goberno en Galicia confirmou os datos arredor das nacionalidades dos 24 tripulantes. 16 deles teñen a nacionalidade española, e os restantes son naturais do Perú e de Ghana. Tamén sobre o número de superviventes polo momento: serían unicamente tres mariñeiros rescatados con vida. José Miñones trasladaba ademais que os equipos seguen buscando os desaparecidos na zona do naufraxio.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade