Publicador de contidos

Publicador de contidos

O Goberno do Reino Unido prepara unha lei para suplir folguistas con temporais

O Goberno do Reino Unido prepara unha lei para suplir folguistas con temporais

O Goberno británico conta con ter aprobada en poucas semanas a nova lei, que os sindicatos consideran ideada para eliminar o dereito á folga

G24.gal 23/06/2022 08:08

O Goberno do Reino Unido está a elaborar unha lei que lles permitirá ás empresas substituír con traballadores de axencias temporais os empregados que secunden folgas.

O executivo que lidera Boris Johnson fixo este anuncio cando hoxe o país vive este xoves a segunda xornada da maior folga ferroviaria desde hai 33 anos. Preto de 40.000 empregados están convocados ao paro en demanda de suba salarial ante unha inflación que supera o 9 % e en contra de despedimentos.

O Goberno británico conta con ter aprobada en poucas semanas a nova lei, que os sindicatos consideran ideada para eliminar o dereito á folga.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade