O Goberno despexa o camiño para aprobar os orzamentos
ERC e PNV renuncian a vetar as contas e aseguran a continuidade do trámite parlamentario
O PP presenta unha emenda á totalidade porque os considera irreais e di que responden unicamente aos intereses electorais de Pedro Sánchez
Esquerra Republicana achanda o camiño para que o Goberno poida aprobar os Orzamentos Xerais do Estado. Tanto os independentistas cataláns coma o PNV e Bildu renunciaron a presentar enmendas á totalidade para darlle marxe á negociación.
ERC retiran das súas demandas a reforma do delito de sedición e céntranse na lei e vivenda e nos investimentos en Cataluña. Advirten que o si definitivo está aínda moi lonxe.
O PNV chegou a un acordo co executivo para renovar o cupo vasco. E EH Bildu quere avanzar na posta en marcha de medidas sociais "para mellorar as condicións de vida da maioría social e traballadora", segundo indican nun comunicado de prensa.
Coa decisión destes tres grupos, o Goberno asegura a primeira votación dos Orzamentos e queda sen efecto o veto do PP, Vox, CS e JxCAT, a CUP e Foro Asturias.
O PP di que é imposible apoialos porque son irreais e só responden aos intereses electoralistas de Pedro Sánchez.
A sesión parlamentaria na que se van debater estes vetos comezará o próximo mércores.