Publicador de contidos
Publicador de contidos

O Goberno defende a suba do IVE dos produtos básicos ao 2 % fronte ás críticas do PP

O Goberno defende a suba do IVE dos produtos básicos ao 2 % fronte ás críticas do PP

Os populares rexistraron este martes no Congreso a súa proposición de lei de conciliación

G24.gal 01/10/2024 14:57

O Goberno defende a suba do IVE ao 2 % dos alimentos básicos ante as críticas do PP. Para Pilar Alegría, voceira do executivo, "cando o PP gobernou este país adoptáronse as maiores subas do IVE, sen piedade".

Pola súa banda, Miguel Tellado, voceiro dos populares no Congreso, recórdalle ao Goberno que o  Congreso aprobou unha iniciativa do PP instando o Goberno a rebaixar o IVE da carne, o peixe, das conservas, "e hoxe o Goberno vai na dirección contraria, subir o IVE".

Cren os populares que o Goberno só busca "recadar máis impostos das familias", mentres "ten outras prioridades na negociación dos presupostos xerais", tal e como publicou o seu líder, Alberto Núñez Feijóo en Internet.

Desas conversas, pouco se sabe. O executivo di que vai "estirar ao máximo o diálogo" cos socios e que non marcan "un prazo concreto", en palabras de Pilar Alegría.

O PP dá por morta a maioría progresista no Congreso e toma a iniciativa. Este martes rexistrou a súa proposición de lei de conciliación. "O que estamos é collendo as rendas dun país que Sánchez ten completamente desatendido", asegura Miguel Tellado.

Porén, para a voceira do executivo, Pilar Alegría, "en materia de políticas sociais, o PP e Feijóo, credibilidade cero".

Entre outras medidas, o PP propón nesa lei a gratuidade das escolas de cero a tres anos, ampliar permisos aos proxenitores e flexibilizar a xornada laboral creando bancos de horas.

Este último punto non gusta aos sindicatos, pero si valoran o movemento dos populares. Unai Sordo, secretario xeral de CCOO, celebra que o PP "entre a esta area e poña propostas enriba da mesa". Tamén agarda o sindicalista que aínda sexa posible o acordo coa CEOE para reducir a xornada laboral.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar
Publicador de contidos