Publicador de contidos

Publicador de contidos

O Goberno confirma que convocará o Consello de Política Fiscal e Financeira para tratar o financiamento singular de Cataluña

O Goberno confirma que convocará o Consello de Política Fiscal e Financeira para tratar o financiamento singular de Cataluña

O ministro de Política Territorial cre que a proposta do Goberno vai convencer a todas as autonomías

Rueda tende a man ao resto de autonomías, incluídas as socialistas, para defender un financiamento xusto

G24.gal 18/06/2024 20:36 Última actualización 18/06/2024 21:03

O Goberno confirma que vai convocar un Consello de Política Fiscal e Financeira para abordar o financiamento autonómico, tal e como pediron as comunidades do PP. Díxoo este martes o ministro de Política Territorial, aínda que non avanzou a data. Ángel Víctor Torres pide non adiantar acontecementos sobre o trato singular a Cataluña.

"Moitas veces adiantámonos, e eu estou convencido de que cando se faga a proposta todos a imos entender. Estou seguro de que camiñaremos no principio de solidariedade, o reequilibrio entre os territorios e os tratos económicos que haxa que facer", asegurou Ángel Víctor Torres.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade