Publicador de contidos

Publicador de contidos

O Goberno cifra o impacto do plan de recuperación en 2,6 puntos do PIB anual

O Goberno cifra o impacto do plan de recuperación en 2,6 puntos do PIB anual

Nadia Calviño di no Congreso que a execución do plan alcanzou "velocidade de cruceiro"

G24.gal 22/09/2022 19:54 Última actualización 22/09/2022 20:20

O Goberno cifra o impacto dos investimentos e das reformas do plan de recuperación en 2,6 puntos no PIB anual de España.  A vicepresidenta económica do Goberno asegurou no Congreso que o maior impacto no crecemento económico é o derivado da reforma laboral.  

Nadia Calviño di que a execución dos investimentos do plan de recuperación logrou velocidade de cruceiro e que os seus efectos se manterán ata 2031.

"Aumenta o nivel do produto interior bruto do noso país en 2,6 puntos porcentuais de media anual. É dicir, que o PIB é entre 30.000 e 40.000 millóns de euros superior cada ano ao que teriamos en ausencia do plan de recuperación", dixo a vicepresidenta económica.

Calviño asegura que xa están preparando a documentación para solicitar o terceiro desembolso  de 6.000 millóns. Di que agora deberán centrarse nos PERTE, que son a parte do plan de recuperación que terá máis impacto na modernización da economía. Anunciou que a próxima semana se coñecerá a resolución do PERTE do vehículo eléctrico.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade