Cargando resultados...
			
		
	
		
	
	
	
		
		
		O Goberno aproba o primeiro Plan de Acción de Prevención do Suicidio co apoio das comunidades
As autonomías do PP rexeitaron o novo plan de saúde mental
                            G24.gal
                        
                            14/02/2025 19:55
                        
                        
                                Última actualización 14/02/2025 20:06
                        
                        
                    
                    O Ministerio de Sanidade aproba o primeiro Plan de Acción de Prevención do Suicidio. Todas as comunidades apoiaron a iniciativa, co obxectivo de detectar riscos e reducir a conduta suicida entre a poboación española.
O que non saíu adiante foi o novo plan de saúde mental. As comunidades do PP votaron en contra alegando que contén erros técnicos e que non ten o aval dos profesionais da psicoloxía e da psiquiatría.
A ministra de Sanidade di que seguirán traballando para sacalo adiante. "Imos seguir traballando e dialogando ata ter o máximo apoio posible. Non temos inconveniente en incorporar algunhas das iniciativas que saíron hoxe na reunión", asegura Mónica García.
 
         
                
                
				   
             
    
         
                 
    
         
    
         
    
         
            
         
            
                 
            
        