Publicador de contidos

Publicador de contidos

O fiscal engade tres cargos máis contra Trump no caso dos documentos clasificados

O fiscal engade tres cargos máis contra Trump no caso dos documentos clasificados

O expresidente cualificou os cargos de "ridículos" e unha "inxerencia electoral ao máis alto nivel"

G24.gal 28/07/2023 10:51

O fiscal especial Jack Smith presentou este xoves novos cargos contra o expresidente dos EUA Donald Trump sobre o caso no que o acusan de facer un mal manexo de certos documentos clasificados durante a súa época na Casa Branca.

Trump foi acusado dun cargo adicional de "retención deliberada de información de defensa nacional" e dous cargos adicionais de "obstrución", relacionados con presuntos intentos de eliminar imaxes de vídeo de vixilancia na súa residencia de Mar-a-Lago, en Florida, no verán de 2022.

O fiscal especial Jack Smith acusou tamén a unha terceira persoa, Carlos de Oliveira, no caso do manexo de documentos clasificados achados na residencia de Trump nesa vivenda de Florida. 

De acordo co escrito xudicial, Oliveira, de 56 anos, era o empregado de mantemento que axudou a Waltine Nauta, asistente persoal de Trump e tamén imputado, a mover caixas de documentos clasificados en Mar-a-Lago despois de que o Departamento de Xustiza dos EUA citara por primeira vez o exmandatario polo caso dos documentos clasificados en maio pasado.

Trump, que xa acumula 37 cargos penais, saíu este xoves ao paso destes novos cargos na súa contra e sinalou que son "ridículos" e unha "inxerencia electoral ao máis alto nivel", segundo recolleu a canle Fox.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade