Publicador de contidos

Publicador de contidos

O expresidente do Goberno Mariano Rajoy volve infectarse de covid-19

O expresidente do Goberno Mariano Rajoy volve infectarse de covid-19

Mariano Rajoy  tiña previsto presentar hoxe en Salamanca o seu libro Política para adultos

G24.gal 24/01/2022 14:24

O expresidente do Goberno Mariano Rajoy, de 66 anos, volve dar positivo en covid–19 tras infectarse outra vez da enfermidade. Rajoy xa se contaxiara anteriormente, segundo revelou el mesmo nunha entrevista.

O novo positivo en coronavirus de Rajoy confirmouno a editorial Plaza & Janés, na que o expresidente ten publicados os seus libros, logo de que este positivo o obrigase a suspender a presentación do seu libro Política para adultos en Salamanca. 

Mariano Rajoy, presidente do Goberno entre 2011 e 2018 atópase ben, segundo apuntan as mesmas fontes. Cancelou os actos debido a que debe gardar illamento.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade