Cargando resultados...
O Ensino derrota ao Cadí La Seu no Pazo (84-57) e achégase á Copa
As luguesas decidiron o choque cun gran parcial no terceiro cuarto (27-11)
Foto: @EnsinoLugoCB
G24.gal
20/12/2025 21:17
Na Liga Feminina, o Durán Maquinaria Ensino non tivo problemas para gañar o partido diante o Cadí La Seu en Lugo. 84 a 57 foi o resultado final.
O Ensino levou sempre a iniciativa no marcador e acadou a vantaxe definitiva nun terceiro cuarto no que lle endosou ao seu rival un parcial de 27 a 11.
Lidia Giomi, autora de 26 puntos e cun 32 de valoración, foi a máis destacada do conxunto galego, que logrou a súa oitava vitoria en doce xornadas e segue nos postos altos da clasificación.