Publicador de contidos
Publicador de contidos

Alta tensión no derbi que pode valer unha permanencia na ACB

Alta tensión no derbi que pode valer unha permanencia na ACB

Obradoiro e Breogán afrontan un duelo dramático que pode ser decisivo para evitar o descenso á LEB

Os santiagueses comezan a xornada por debaixo logo de dez derrotas

O Breogán chegará ao Sar tras o golpe moral de gañar no Palau ao Barcelona

G24.gal 19/03/2024 21:15

Haberá tensión este sábado no Sar. Obradoiro e Breogán mídense no derbi con máis urxencias desde que os dous equipos galegos volveron coincidir na ACB. Os santiagueses ocupan zona de descenso tras encadear dez derrotas seguidas. Os lugueses saíron grazas á histórica vitoria en Barcelona desta fin de semana, con Ben McLemore determinante. Saben que teñen outra pelexa no Sar.

O Obradoiro refórzase para as nove xornadas que quedan. Esta semana incorpórase o base de Illinois Devon Dotson, a quen xa vimos departir con Moncho e Zurbriggen. O Obradoiro gañou o partido da primeira volta no Pazo. Dar un prognóstico é difícil. Non se atreve Tim Shea, o histórico adestrador estadounidense de equipos galegos, instalado en Lugo.

A temporada pasada Obradoiro e Breogán aspiraban nas últimas xornadas aos postos de play off polo título. Esta temporada van da man noutra pelexa ben distinta.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar
Publicador de contidos