Publicador de contidos
Publicador de contidos

O Deportivo xogará contra o Sestao nas Llanas a porta pechada

O Deportivo xogará contra o Sestao nas Llanas a porta pechada

O Xuíz Disciplinario Único da RFEF sancionou o Sestao a disputar a porta pechada os dous próximos partidos que xogue como local

O club sestaotarra considéraa "inxusta" e anunciou que recurrirá a sanción 

G24.gal 03/04/2024 18:09 Última actualización 03/04/2024 18:45

O Xuíz Disciplinario Único da Real Federación Española de Fútbol (RFEF)  sancionou o Sestao a disputar a porta pechada os dous próximos partidos que xogue como local e a pagar unha multa de 6.001 euros debido ao incidente ocorrido o pasado sábado co porteiro do Raio Majadahonda Cheikh Sarr.

O Sestao xogará o vindeiro sábado a domicilio contra a Real Sociedade B e, o próximo día 13, cumprirá o seu primeiro partido sen público contra a Real Unión. Logo disputará dous partidos consecutivos fóra de casa e, a continuación, enfrontarase ao Dépor o 4 de maio nas Llanas a porta pechada.

O club publicou un comunicado en X asegurando que a sanción é "inxusta" e porá a traballar os seus servizos xurídicos para que se poidan xogar con público os dous partidos. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade