Publicador de contidos

Publicador de contidos

O Deportivo volve remontar diante do Zaragoza (2-1) para manter o ritmo do ascenso

O Deportivo volve remontar diante do Zaragoza (2-1) para manter o ritmo do ascenso

Stoichkov e Mulattieri neutralizaron o tanto inicial de Dani Gómez

G24.gal 21/03/2026 22:57

O Deportivo volveu gañar un partido que se lle puxo compicado, con remonta e sufrindo por momentos. Pero outra vez un gol no treito final manteno na pelexa polo ascenso.

Logo do multitudinario recibimento aos xogadores nos exteriores do estadio, os xogadores saíron mellor ao partido, e Luismi gozou da primeira ocasión, cun remate raso con pouco ángulo que sacou Andrada a córner. Pero o Zaragoza tirou proveito do seu primeiro achegamento: Foi no minuto 6, cando Dani Gómez rematou de primeiras un servizo de Hugo Pinilla e o balón entrou manso despois de bater no pau.

O Deportivo non acusou o golpe, e puxo mans á obra á busca da remonta. Nsongo Bil rematou so pero o balón marchou lambendo o pau, e Luismi lanzou tan pechado un córner que case acada un gol olímpico. Evitouno Andrada.

O premio do empate chegou no minuto 19. Stoichkov recibía un balón na frontal, e lanzou un remate que sorprendeu a Andrada para anotar o 1-1.

O resto da primeira metade foi do Deportivo, que buscaba con insistencia a área rival pero non xerou moito perigo, máis aló dunha boa combinación que non se puido culminar, e dun remate desviado de Quagliata.

Na segunda metade seguiuse achegando o Deportivo, cun balón bombeado por riba de Andrada e unha perigosa cesión aos que puido chegar Stoichkov. O Zaragoza tamén inquedaba algo máis, e Dani Gómez tivo unha ocasión clarísima no 63’ que Ferllo botou a córner cun paradón. Á saída dende o curruncho tamén puido marcar Mawuli, pero o seu remate saíu fóra.

Pasou por un mal momento o Deportivo pero, cos cambios, sacudiu a presión dos maños. E no minuto 86, unha boa combinación, con deixada de Zaka e remate raso de Mulattieri convertíase no gol do triunfo. Un triunfo que lles permite aos de Hidalgo sumar tres puntos máis, e colocarse con 55.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar