Publicador de contidos

Publicador de contidos

O Deportivo visita mañá Castalia nun enfrontamento pola segunda praza

O Deportivo visita mañá Castalia nun enfrontamento pola segunda praza

Os técnicos réstanlle transcendencia a este partido entre rivais directos

G24.gal 14/02/2026 14:27

Nas últimas temporadas, o Castellón e o Deportivo semellan condenados a enfrontarse en situacións límite.

Hai catro fixérono para xogarse o ascenso a Segunda e a seguinte o título de Primeira Federación.

Nesta xornada os dous equipos poñen en xogo a segunda praza de ascenso directo. Os técnicos, con todo, tentan quitarlle transcendencia o encontro.

O Deportivo viaxa a Castalia como mellor visitante de categoría e co reforzo moral de dúas vitorias nos dous últimos partidos, pero consciente do encontro que se vai atopar.

O Castellón, pola súa parte, presenta uns números que asustan coma local. É o segundo mellor equipo na casa onde leva sete vitorias consecutivas e vén de gañar por catro a cero en Valladolid con tres goles a balón parado dos dezaseis que acumula nesta temporada.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade