Publicador de contidos

Publicador de contidos

O Deportivo suma e segue en Albacete (0-2)

O Deportivo suma e segue en Albacete (0-2)

O Deportivo afianza o seu liderado na Segunda División

Stoichkov e Eddahchouri marcaron os goles

G24.gal 29/11/2025 21:34

A toda velocidade se desfixo o Deportivo do Albacete para sumar a súa quinta vitoria consecutiva, a quinta fóra da casa que o mantén a fronte da clasificación.

Os dous equipos saíron fieis os seus estilos. 

Yeremay dispuxo da primeira oportunidade os dous minutos, á que o Albacete respondeu deseguido cunha acción a balón parado rematada por Pepe Sánchez e detida por Parreño.

Tras un inicio de ida e volta, os coruñeses lograron facerse co control do partido, chegando acumular unha posesión próxima por momentos o oitenta por cento, pero sen concretarse en oportunidades de gol claras.

Tampouco os manchegos foron quen de poñer en apertos a Parreño salvo nun remate de Meléndez maxistralmente rexeitado polo meta deportivista.

E do que puido ser o un a cero para o Albacete pasouse nun abrir e pechar de ollos o cero a un nunha nova demostración da pegada e velocidade coa que conta o cadro coruñés. 

En catorce segundos a pelota pasa da liña de fondo propia a porta rival. Soriano conecta con Stoichkov que resolve no man a man con Diego Mariño. Segundo gol do gaditano no campionato, que marcaba por segunda xornada consecutiva.

Tralo descanso, o Albacete saíu con empuxe no intento de igualar canto antes, pero atopouse cun Parreño sobrio e seguro a disparos de Riki e Valverde.

En plena ofensiva manchega, a colexiada Marta Huerta sinalou inicialmente penalti de José Angel a Pacheco, pero tras consultar co VAR anulou a decisión anterior.

A contestación deportivista chegou, outra volta en forma de gol. Un saque de banda a prol do Albacete acaba por converterse o cero a dous logo dunha contra levada con rapidez por Yeremay, resolta por Eddachouri, que levaba cinco minutos no campo.

En quince segundos, os de Hidalgo volveron atravesar o campo para poñer o cero a dous e pechar o partido grazas a súa pegada.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar