Publicador de contidos

Publicador de contidos

O Deportivo renova a Fernando Soriano ata o ano 2029

O Deportivo renova a Fernando Soriano ata o ano 2029

O director deportivo chegou en xuño de 2023 e con esta sinatura reforza a súa posición dentro do club

O ascenso á Primeira División é o grande obxectivo do dirixente deportivista

O cadro coruñés tamén renovou a Manuel Pablo, adestrador do Fabril, ata o 2028

@RCDeportivo
G24.gal 26/03/2026 21:39

O Deportivo da Coruña anunciou a renovación de contrato de Fernando Soriano ata o ano 2029. De cumprir este novo compromiso o aragonés estaría seis temporadas ao fronte da dirección deportiva. Chegou á Coruña en xuño de 2023 , coa necesidade de devolver ó club herculino ao fútbol profesional. Algo que acadaría a primeira temporada coa súa aposta por Imanol Idiákez coma adestrador.

No primeiro ano en segunda división decidiu prescindir dos servizos do técnico vasco a metade da temporada, dándolle o equipo ata o final da campaña a Óscar Gilsanz. Tras acadar unha tranquila salvación este ano apostou pola chegada de Antonio Hidalgo ao banco,  xa co obxectivo do ascenso á primeira división no seu horizonte. De momento o equipo é segundo clasificado, posición que otorgaría o ansiado ascenso á máxima categoría.

O clun anunciou a renovación cun escueto comunicado:

"O R. C. Deportivo alcanzou un acordo con Fernando Soriano para ampliar a súa vinculación como director de fútbol ata 2029.Con este acordo, o R. C. Deportivo asegura a continuidade dunha liña de traballo orientada ao crecemento e a consolidación do proxecto no medio e longo prazo".

Manuel Pablo renova ata o 2028

Tamén houbo movementos no club no tocante aos adestradores. O Deportivo aposta forte por Manuel Pablo que renovou ata o 2028 premiando así o seu traballo primeiro no xuvenil e na última campaña e media no Fabril co que está de líder na Segunda Federación e con moitas opcións de subir á Primeira RFEF. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade