O Deportivo perde 3-0 en Irún e iguala a súa derrota máis ampla en Primera RFEF

Na tempada 21-22 tamén caeu por idéntico marcador de 3-0 no Novo Vivero de Badaxoz

Foto @RCDeportivo
G24.gal 06/11/2023 17:57 Última actualización 06/11/2023 18:31

O Deportivo sumou no Stadium Gal de Irún a súa terceira derrota da tempada en Liga, por un contundente marcador en contra de 3-0 ante o Real Unión de Irún, freando así unha xeira de sete puntos de nove en Liga.

O cadro adestrado por Imanol Idiakez non entrou nunca no encontro e, a pesar dun inicio dubitativo por parte dos dous contendentes, encaixou tres tantos antes da primeira hora de partido para caer á lona de maneira clara.

Ante a incredulidade dos preto de mil espectadores branquiazuis congregados en Irún, o Depor mostrou a súa versión máis gris de todo o presente exercicio 23-24. Os herculinos apenas merodearon o arco defendido por Ión; de feito, o seu primeiro e único chute a porta foi rubricado por Lucas Pérez no minuto 66.

Co 3-0 de onte en terras vascas, os deportivistas igualan o seu revés máis avultado en Primeira Federación; e é que na xornada 27 da tempada 21-22 tamén caeron por idéntico marcador de 3-0 no Novo Vivero de Badaxoz.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade