Publicador de contidos

Publicador de contidos

O Deportivo pecharía o mercado con Tosic, un lateral esquerdo

O Deportivo pecharía o mercado con Tosic, un lateral esquerdo

A baixa de Escudero por lesión obrigou a dirección deportiva a buscar un último reforzo

G24.gal 02/02/2025 23:38

A operación a que se someteu o lateral esquerdo Escudero modificou os plans do Deportivo. Esa banda quedaría só con Obrador para afrontar a segunda parte do campionato e a dirección deportiva moveuse á procura dunha solución. O elixido é o serbio Nemanja Tosic, que podería ser anunciado nas vindeiras horas polo club coruñés. Tosic chegaría en calidade de cedido procedente do Zürich, da liga suíza. 

Formado no Estrela Vermella, pasou por equipos máis modestos da Liga Serbia, como o Sindjelic ou o Macva, ata que chegou en 2020 ao Cucaricki, co que disputou a Conference League a temporada pasada. No verán de 2024 acabou no Zürich, pero esa aventura podería chegar á súa fin nas vindeiras horas. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade